III MATCH DOMINICOS CAMBRE

Ou Sigrás - Dominicos según quen o diga, pero o acordo máis ou menos formal é que vai primeiro o gañador do ano anterior.

 

IDA

Xogouse a ida o día 10 de xuño de 2006 no local do Clube Sigrás. Acordouse xogar a oito taboleiros, e Dominicos venceu a domicilio por 5-3, deixando case todo por decidir na volta. No sistema de desempate holandés tampouco a distancia foi moita ó repartirse as victorias ó longo dos taboleiros.

Sensibles ausencias nas dúas alineacións nun encontro deslucido pola choiva. Como sempre Dominicos contou ca presenza de xogadores de todolos equipos que forman o grupo AGAX, contando soamente con un dos titulares que o levaron a primeira neste ano. No equipo de Sigrás o Mestre Internacional Wilson Palencia defendía o primeiro taboleiro. Históricos como Francisco García, Benito Rioboó ou os irmáns Nuñez non estiveron presentes nesta ida.

A primeira partida en decidirse foi a que deu vencedor a Santiago Domínguez, descartando a mesa número un na que ninguén daba un peso por Ernesto Pérez, que de momento seguía con opcións. Alberto López cargouse de tempo rápidamente para variar. Por abaixo Jesús Rodríguez gañaba peza na apertura. O resto das partidas andaban máis ou menos niveladas.

O campeón coruñés Sub-14 acadou a victoria para Sigrás na mesa oito mentres Luis Carlos Martínez gañaba o punto para Dominicos. José Manuel Andión gañou e foise a estudar ó mesmo tempo que Ernesto Pérez analizaba a súa derrota. Alberto López perdeu presionado polo tempo e Francisco Conde, en posición superior, favorecíase dun erro que deixaba as negras con peza de menos e decidiu a partida. A ida rematou cando Jesús Rodríguez obtivo a rendición do rival.

Esta foi a táboa de enfrentamentos e os resultados:

SIGRÁS

Puntos

Holandés

Taboleiro

DOMINICOS

Puntos

Holandés

M.I. Wilson Palencia

1

8

Ernesto Pérez

0

0

Guillermo Esteban

0

0

Santiago Domínguez

1

7

Gustavo Pulleiro

0

0

Luis Carlos Martínez

1

6

Javier Campelo

1

5

Alberto López

0

0

Donato Moscoso

0

0

Jesús Rodríguez

1

4

José Andrés Rey

0

0

Francisco Conde

1

3

David Esteban

0

0

José Manuel Andión

1

2

Francisco Pedreira

1

1

Diego Regueiro

0

0

 

3

14

 

 

5

22

 

******************************************

VOLTA

A volta deste match disputouse no Colexio Dominicos o día 8 de xullo. Un día soleado no que Sigrás tiña que remontar o 5 - 3 da ida para evitar que Dominicos sumase outra victoria ás logradas nas dúas anteriores edicións. Ó final o 4 a 4 permitiu a Dominicos manter o pleno neste torneo, e deixa a Sigrás agardando ó ano que ven para tentar romper esa racha.

Novamente oito taboleiros representaron a cada unha das formacións. Sigrás presentou quizais un equipo máis sólido que o de circunstancias da ida, pero faltaron outra vez algún dos máis destacados. Dominicos presentou prácticamente o mesmo equipo da ida, pero reforzando os puntos máis débiles.

Reparto de victorias no primeiro e no segundo taboleiro, que foron os primeiros en acabar. Dominicos tomou logo vantaxe impoñéndose no oitavo e no sétimo. Reduciu Sigrás a marxe do Dominicos gañando no quinto taboleiro, marxe que voltou a ser de máis dous cando no carto Dominicos sumaba un punto máis asegurándose o empate a catro e o match. Logo finalizaron a terceira e a sexta partida con dúas victorias do Sigrás que empataban este encontro de volta. O cadro das partidas foi o seguinte:

DOMINICOS

Puntos

Holandés

Taboleiro

SIGRÁS

Puntos

Holandés

Santiago Domínguez

0

0

M.I. Wilson Palencia

1

8

Diego García-Muñoz

1

7

Guillermo Esteban

0

0

Luis Carlos Martínez

0

0

Gustavo Pulleiro

1

6

Luis Patiño

1

5

Francisco García

0

0

Alberto López

0

0

Santiago Núñez

1

4

Jesús Rodríguez

0

0

Javier Campelo

1

3

Francisco Conde

1

2

David Esteban

0

0

José Luis Pena

1

1

Francisco Pedreira

0

0

 

4

15

 

 

4

21

Tendo en conta os dous encontros Dominicos gañou por 9 a 7, sendo a marxe no sistema holandés moi escaso, de 37 a 35, polo que como sucede sempre os taboleiros de abaixo son os que deciden ó favor do Dominicos, que non soe dar experiencia ós novos, e trata de que xoguen os xogadores máis fortes que pode reunir. Polo tanto, pode decirse sen lugar a dúbidas que cada un dos puntos foi decisivo.

 
Estadisticas web