ACTA Nº 1

 

Reunidos en A Coruña, as persoas relacionadas á marxe (Ernesto Pérez, Óscar Pérez, Eduardo Pérez e Jorge Rey) o día 20 de setembro de 1989, celébrase Asamblea Xeral debidamente convocada co seguinte ORDE DO DÏA:

Informe de Aprobación de Estatutos.

Elección do presidente.

Baixa de socios.

Pregos e enquéritos.

No primeiro punto infórmase de que os Estatutos foron debidamente inscritos no Ministerio do Interior polo que a Asociación queda legalmente recoñecida.

Como segundo punto decídese a elección do presidente por unanimidade, quedando nomeado Ernesto Pérez Ramil como presidente. A Xunta Directiva quedará constituida como sigue:

PRESIDENTE: Ernesto Pérez Ramil.

VICEPRESIDENTE: Jorge Rey Cortés.

SECRETARIO: Óscar Pérez Ramil.

TESOUREIRO – VOCAL ANIMACIÓN: Eduardo Pérez Fernández.

No terceiro punto infórmase que ten causado baixa como socio D. José Manuel Varela Montecelo o que obriga a formar unha Xunta Directiva con só catro membros.

Os presentes aproban continuar con esta Xunta Directiva e incumplir provisionalmente os propios Estatutos.

Non existen pregos ou enquéritos polo que se levanta a sesión.