ACTA Nº 19
Reunidos en A Coruña o día 22 de maio de 1999, as persoas citadas á marxe (Ernesto Pérez, Francisco Conde e José Ramón Gómez), reúnese a Xunta Directiva de AGAX.
Disculpan a súa asistencia Jorge Rey e Juan A. Gutiérrez.
Realízase a Xunta de feito formal tras case catoce meses sen reunirse, funcionando a entidade por pequenas xuntanzas dos directivos.
A Xunta valora positivamente o acontecido neste período de tempo na entidade e só hai que lamentar a baixa do Grupo AGAX do clube Sagrada Familia, ainda que hai que salientar a nova incorporación do Eusebio da Guarda.
A Xunta le o acta anterior que queda aprobada e valoranse positivamente as contas da Asociación.
Novamente acordase asignar a Juan A. Gutiérrez a firma na solicitude de subvencións a calquer organismo público.
No tocante ás próximas reunións periódicas da Xunta Directiva, a próxima reunión queda convocada para o vindeiro catro de xuño, coincidindo co Torneo de partidas rápidas de AGAX.
O calendario concebido para os próximos meses considérase correcto, aínda que só pode falarse das actividades de competición dos meses de xuño e xullo.
No refernte as cuotas a cobrar no vindeiro curso 1999-2000, considérase que deben ser máis ou menos as m,esmas, pensando que hi que darlle tamén agún incentivo máis os socios, sexa coma regalo ou un torneo con premio en metálico.
Posiblemente a primeira idea está más na liña de actuación de AGAX. En calquer caso queda pendente de decisión positiva da Xunta, as da Asamblea Xeral.
Por último queda realizado o traspaso dos temas referente as diversas actividades de José Ramón Gómez a Francisco Conde, que dende agora levará o control sobre as diversas actividades de José Ramón Gómez.
Dada a baixa participación actuou como secretario o presidente e dou fe desta reunión rematada as 18:00 horas do día anteriormente expresado o presidente e o vicepresidente segundo.
Quedando os asistentes emplazados á Asamblea Xeral a celebrar hoxe mesmo as 21:00.