ACTA Nº 2

 

Reunidos en A Coruña as persoas indicadas á marxe (Ernesto Pérez, Óscar Pérez, Eduardo Pérez e Jorge Rey) celébrase unha Asamblea Xeral de tipo extraordinario sendo as 20:00 horas do día 22 de novembro de 1989.

Punto único da orde do día é o ingrso na Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia (ASENCUDEGA).

Sinala o Presidente que a idea ven de ser un desenvolvemento duna proposta da Asociación Cultural e Deportiva HERCLE feita á Sociedade Cultural e Deportiva PALAESTRA.

Os presentes consideran interesante esta posibilidade de fomentar unha pequena federación de entidades culturais e deportivas e aprobase que o Presidente sexa o representante na fundación de ASENCUDEGA, coincidindo os asambleístas que o proxecto de estatutos presentado é adecuado.

E non habendo máis asuntos que tratar, levantase a sesión sendo as 22:00 horas do día expresado, da que dou fe.