ACTA Nº 20

 

Reunidos en A Coruña o día 22 de maio de 2000, as persoas citadas á marxe (Ernesto Pérez, Francisco Conde, Juan A. Gutiérrez e Héctor López), reúnese a Asamblea Ordinaria e Extraordinaria de AGAX, tratándose os seguintes puntos.

1º Lectura da Acta anterior, que resulta aprobada.

2º Apróbanse as contas do exercicio anterior, cun resultado negativo de 24.622 pesetas (147,98 euros). Apróbase o presuposto para o presente exercicio, que asume unha débeda acumulada de 300.000 pesetas (1.803,04 euros) co presidente, arrastranda do exercicio anterior e reducida mediante a condonación de 4.622 pesetas (27,79 euros) por parte do presidente. A cifra estimada para o presuposto do exercicio é de 700.000 pesetas (4.722,08 euros), aproximadamente, o cal supón un incremento de arredor de 100.000 pesetas (601,01 euros).

3º Faise a análise da tempada, que é valorada moi positivamente, especialmente o ascenso á primeira división do clube Dominicos e a loita ata a última partida do Palaestra tamén en loita polo ascenso.

4º Reestructúrase a Xunta Directiva:

A Asamblea respalda ó presidente.

Cesan os dous vicepresidentes; cesa o secretario; cesa o vicesecretario.

Prodúcense os seguintes nomeamentos:

Vicepresidente e Tesorero: Juan Antonio Gutiérrez Mosquera.

Secratario Xeral: Francisco Conde Domínguez.

Vicesecretario: José Ramón Gómez Torre.

A Xunta quedará completa co nomeamento do vocal xuvenil, cargo pendente da reunión do 5 de xuño.

Nomearanse vocais asesores, que terán presencia en Xunta, pero non voto e tampouco consideraranse directivos. Proponse vocal de Internet a Jesús Puente; vocal de xogadores ó representante de xogadores da FEGA, a Jesús Orosa; asesor xurídico ó asesor xurídico da Xunta Luis Vázquez; temas relacionados ca Universidade a Juan Manuel Bouzas.

Proponse que os cesantes Jorge Rey e Florencio González sexan os responsables de Dominicos.

5º Nomeamento de socios de número:

Jorge Rey Cortés, Juan Antonio Gutiérrez Mosquera, Florencio González Fernández, Francisco Conde Domínguez.

Calquera dos fundadores o darse de alta serán socios de número.

6º Calendario inmediato: coméntase e infórmase.

7º Acordase manter as cuotas do exercicio 1999-2000 en termos similares ós actuais.

8º Debátese o tema da creación das "comisións técnicas". Acordase seguir os trámites para a súa posta en marcha.

9º Debátese a carta do Instituto da Lingua Galega na que se obtén resposta sobre o tema do nome da entidade. A Asociación empregará indistintamente as posibilidades citadas na carta, na que se recorda que tan só é unha recomendación.

Sen máis temas que tratar, levántase a Asamblea.