ACTA Nº 21
Reunidos en A Coruña o día 29 de xullo de 2000, as persoas citadas á marxe (Ernesto Pérez, Francisco Conde, Juan A. Gutiérrez, Héctor López e Javier Mazaira), reúnese a Asamblea Ordinaria e Extraordinaria de AGAX, tratándose os seguintes puntos.
1º Lectura da Acta anterior, que resulta aprobada.
2º Infórmase da elección de José Luis Pena como Presidente Xuvenil, seún reflexaba o punto 4 da Acta anterior.
3º Apróbanse as contas do exercicio anterior. O presuposto de 700.000 pesetas (4.207,08 euros) elevouse finalmente ata as 955.341 pesetas (5.741,72 euros). O exercicio rematou sen beneficios nin perdas tras unha donación de 741 pesetas (4,45 euros). Analízase a cuestión de que as cuotas dos socios cubren soamente o 4,16% dos gastos da entidade, feito que se espera correxir no exercicio 2000. Establécese un presuposto de 1.000.000 pesetas (6.010,12 euros) para o exercicio. Asúmese unha débeda acumulado co presidente de 300.000 pesetas (1.803,04 euros), sendo a opinión unánime da Asamblea que a Asociación debe esforzarse en sanear esta situación.
4º Infórmase das cuotas sociais para o ano: socio colaborador: 4.000 pesetas (24,04 euros); socio colaborador pertencente o grupo: 2.400 pesetas (14,42 euros); socio colaborador pertencente a Palaestra ou Cidu: 1.200 pesetas (7,21 euros); socio xuvenil: 2.400 pesetas (14,42 euros); socio xuvenil pertencente o grupo: 1.200 pesetas (7,21 euros); socio xuvenil pertencente a Palaestra ou CIDU: 800 pesetas (4,81 euros); clubes colaboradores: 7.000 pesetas (42,07 euros); uso do local: 3.600 pesetas (21,64 euros). O modo de pago será a través de 12 cuotas mensuais de 300 pesetas (1,8 euros).
5º A Asamblea valora de forma positiva poder contar cun local social, gracias ós acordos con Palaestra. Tamén neste acordo establécese que esta entidade xestionará a elaboración e cobro dos recibos que teñan que ver co uso do local. Todos os socios son persoas con dereito a suxerir actividades para o local, que serán estudiadas con detemento por parte da Xunta Directiva).
6º A Asamblea Xeral respalda e alaba a xestión do presidente.
7º Presenta a súa demisión o vicepresidente e tesorero Juan Antonio Gutiérrez Mosquera por o seu cambio de residencia. A Asamblea agradécelle os servicios prestados e deséxalle sorte no seu futuro deportivo. A Xunta Directiva queda da seguinte forma:
- Presidente: Ernesto Pérez.
- Vicepresidente: Javier Mazaira.
- Secretario e tesorero: Francisco Conde.
- Vicesecretario: José Ramón Gómez.
- Presidente Xuvenil: José Luis Pena.
8º Valórase a tempada deportiva. Considérase boa a actuación do Dominicos, e por debaixo das súas posibilidades a actuación dos equipos.
9º Ratifícanse nos seus cargos o asesor xurídico Luis Vázquez e o asesor de xogadores Jesús Orosa.
10º Infórmase do calendario.
11º No turno de rogos e preguntas Florencio González ofrece o seu traballo para difundir a AGAX en Internet.
Sen máis temas que tratar, levántase a sesión.