ACTA Nº 23

 

Reunidos en A Coruña o día 21 de xullo de 2001, as persoas citadas á marxe (Ernesto Pérez, Javier Mazaira e Francisco Conde), procédese a celebrar Xunta Directiva da Asociación Galega de Axedrecistas, tratándose os seguintes puntos.

Lectura da Acta anterior, que resulta aprobada.

Situación do "Club Brigantium". A xunta analiza a proposta da Sociedade Deportiva Palaestra sobre os costes do local.

Estudiase o final da temporada, centrándose nos torneos que atópanse nestes intres aínda sen celebrarse. Elaborase a seguinte proposta:

Torneo de Verano de AGAX: 15 de agosto, a 25 minutos. Cuotas de 300 pesetas para socios e 500 para non socios (1,8 € e 3,01 €).

Torneo Santa Margarita: 25 de agosto, a 5 minutos. Cuotas de 300 pesetas para socios e 500 para non socios (1,8 € e 3,01 €).

Copa AGAX: sorteo o 27 de xullo. Para socios, con unha cuota de 100 pesetas por ronda (0,6 €). Do 30 de xullo ó 26 de agosto.

Torneo Santo Domingo: pendente de consultar ós membros do clube.

As cuotas anuais manteranse na seguinte temporada, desaparecendo as cuotas comúns AGAX-CIDU e AGAX-PALAESTRA.

Asúmese o seguinte calendario, para as Asambleas, no segunite ano:

Asamblea Xeral a finais de abril.

Asamblea Extraordinario a finais de agosto.

Asamblea Extraordinaria o día 31 de decembro.

Márcase a data do 25 de xullo de 2001 para celebrar a Asamblea Xeral do ano 2001, que dará comenzo as 19:00 no Club Brigantium. Os puntos que van ser tratados son os seguintes:

Lectura e aprobación se procede da acta anterior.

Examen e aprobación se procede das contas do ano 2000.

Examen e aprobación se procede do presuposto do ano 2001.

Evaluación do presidente e da súa xestión.

Ratificación se procede da Xunta Directiva.

Seguimento do proxecto para a temporada 2001, evaluando o seu grao de cumplimento.

Proposta do proxecto para a temporada 2001-2002.

Rogos e preguntas.

Sen máis temas que tratar, péchase a Xunta.