ACTA Nº 24
Reunidos en A Coruña o día 25 de xullo de 2001, as persoas citadas á marxe (Ernesto Pérez, Javier Mazaira, Francisco Conde, José Luis Pena, Florencio González e Héctor López), reúnese a Asamblea Xeral da Asociación Galega de Axedrecistas, seguindo os puntos marcados na Xunta Directiva do día 21 de xullo de 2001.
1- Lectura da Acta anterior, que resulta aprobada.
2- Examínanse as contas do ano 2000. Valórase de forma positiva a reducción da débeda a 280.000 pesetas (1682,83 €). A política de moderación nas cuotas fai que se manteña un baixo porcentaxe de gastos cubertos coas mesmas, feito que novamente vaise tentar cambiar. As cuotas para o seguinte ano quedan fixadas do seguinte xeito:
-Colaborador: 4.000 pesetas (24,04 €).
-Colaborador-Grupo-Número: 2.400 pesetas (14,42 €).
-Xuvenil: 2.400 pesetas (14,42 €).
-Xuvenil-Grupo: 1.200 pesetas (7,21 €).
As contas do ano 2000 resultan aprobadas.
3- Preséntase o orzamento para o ano 2001, que é valorado en 800.000 pesetas (4.808,10 €), con as cuotas iguais ás do ano anterior, citadas na aprobación do punto anterior.
Todos os cobros de cuotas sociais deléganse na S.C.D. Palaestra que levará a cabo esta tarefa a través do Club Brigantium.
A Asamblea considera correcta a proposta da Xunta Directiva en relación co uso do Club Brigantium.
O orzamento para 2001 resulta aprobado.
4- A Asamblea considera totalmente correcta por unanimidade a xestión do presidente, e anímao a que siga traballando na mesma liña.
5- O punto referente a Xunta Directiva propiciou os seguintes resultados.
-Cese do Vicesecretario José Ramón Gómez ante o escaso traballo do posto, que fai posible que o Secretario non precise axuda.
-A Xunta Directiva queda composta por:
Presidente: Ernesto Pérez.
Vicepresidente: Javier Mazaira.
Secretario Xeral e Tesoureiro: Francisco Conde.
Presidente Xuvenil: José Luis Pena.
Vocais:
- Asesor Xurídico: Luis Vázquez.
- Asesor Xogadores: Jesús Orosa.
6- Comprobase que o proxecto deportivo da temporada está case completamente cumplido, e espérase completalo no que resta (Torneo de Verano, Torneo Santa Margarita, Torneo Santo Domingo e Copa AGAX).
7- Preséntase o proxecto de competición e encino para a seguinte temporada, similar ó da anterior, que e analizado e valorado como correcto.
8- No turno de rogos e preguntas tratanse os seguintes temas:
- Posibilidade de imantar os vellos taboleiros murais de madeira do Club Brigantium.
- Copa Brigantium (antigo A3). O responsable comprométese a darlle maior axilidade as clasificacións intermedias.
Sen máis temas que tratar, levántase a Asamblea.