ACTA Nº 25

 

 

    Reunidos en A Coruña o día 25 de xaneiro de 2002, as persoas citadas á marxe (Ernesto Pérez, Javier Mazaira, Francisco Conde, José Luis Pena, Héctor López, Manuel Andión, José Manuel Andión, Justo Alonso e Luis Patiño), reúnese a Asamblea Extraordinaria de AGAX, tratándose os seguintes puntos.

 

1- Lectura da Acta anterior, que resulta aprobada.

2- Proponse o nomeamento de Javier Mazaira Alba como socio de número. Aprobase por unanimidade.

3- Apróbase o nomeamento de Francisco Conde Domínguez como representante ante a Deputación de A Coruña para solicitar a subvención para o boletín Albi Equi.

4- Establecense as cuotas para o resto da temporada:

    -Colaborador: 25 euros.

    -Colaborador-Grupo-Número: 15 euros.

    -Xuvenil: 15 euros.

    -Xuvenil-Grupo: 8 euros.

5- Ratificanse as datas previstas para a celebración de asambleas no punto 5 da acta 23. Fixanse as celebracións de xuntas directivas xerais, que terán lugar nos meses de febreiro, xuño e outono.

6- Ratificanse os torneos previstos no punto 7 da acta 24. Proponse o mes de marzo como inicio da Copa AGAX desta temporada.

7- Estudiase o tema do ensino no ámbito da asociación.

8- Analízase como dinamizar as actividades da asociación. Varios socios mostran onterese por reañizar un curso de arbitrase. O presidente plantra a poibilidade de realizar pequenas concentracións para fomentar o estudio e aprendizaxe do xadrez.

9- Destácase a expansión de AGAX no Concello de Laracha.

10- Exponse que a nova dirección da asociación en Internet é WWW. GEOCITIES.COM/AGAXNET.

11- Acordase que o libro de socios sexa sustituido por un listado informático.

    Sen máis temas que tratar levántase a Asamblea.