ACTA
Nº 26
Reunidos en A Coruña o día 14 de abril de 2002, as persoas citadas á marxe (Ernesto Pérez, Francisco Conde, Héctor López y Santiago Domínguez), reúnese a Asamblea Xeral de AGAX, tratándose os seguintes puntos:
1- Lectura da Acta anterior, que resulta aprobada.
2- O vicepresidente excusa a súa non asistencia por estar de viaxe.
3- Anúnciase a presencia na imprenta do número do ALBI EQUI que recolle a memoria do primeiro semestre de 2001. O número que recolle a memoria do segundo semestre do 2001 atópase na última etapa de edición.
4- Exponse que non se realizou a xunta directiva de febreiro por incompatibilidade co calendario deportivo. Agárdase celebrar a correspondente a xuño de 2002 cando se evalúe o primeiro semestre de actividade.
5- Por primeira vez as contas do ano anterior, nesta ocasión o 2001, preséntanse dentro dun prazo contable razoable. O saldo final resultou negativo en 54.214 pesetas (325,83 euros), o cal, sumado a débeda anterior de 280.000 pesetas (1.682,83 euros), eleva a débeda co presidente a 2.008,66 euros. O presidente dona a cantidade necesaria para reducila deuda a 2.000 euros, que é asumida pola Asamblea.
O saldo negativo do ano explícase na maior parte polas fortes inversións tecnolóxicas da asociación: dous ordenadores e unha cámara dixital, elementos necesarios para avanzar a unha nova fase na historia da entidade. Tamén explícase polos gastos ocasionados polo Club Brigantium e a tardanza do Concello de A Coruña en ingresar o importe da subvención concedida.
O orzamento para o 2001 considérase cumplido satisfactoriamente.
O orzamento para o 2002 valórase en 5.000 euros. Este ano a contabilidade levarase no Club Brigantium. O cambio da sede administrativa, da Fé ó Brigantium, da maior parte das tarefas eliminará gastos da asociación.
6- A Asamblea respalda a labor e a xestión do presidente.
7- Prodúcese o nomeamento de Santiago Domínguez Fernández como Secretario Xuvenil de AGAX.
8- A Asamblea acorda que o secretario xuvenil poderá levar a cabo funcións de vicesecretario, considerándose como tal a todolos efectos, cando o secretario xeral o estime oportuno.
9- As cuotas para a temporada 2002-2003 fixaranse na Asamblea Extraordinaria que terá lugar en agosto do presente ano. A Asamblea acorda que o seu importe marcarase dacordo cos gastos da asociación e o Club Brigantium nese momento e os previstos para a temporada seguinte.
10- O proxecto deportivo non é valorado, agardando ó final completo das competicións oficiais nas que están a participar os diferentes equipos do grupo. Defínense dous grupos de actividade: Dominicos-Santo Domingo y CIDU-Palaestra, dos que serán responsables Francisco Conde e Javier Mazaira. O seu primeiro obxetivo será obter a opinión dos compoñentes de cada grupo de actividade sobre cal creen eles que debe ser a actividade do ano seguinte.
Sen máis temas que tratar levántase a Asamblea.