ACTA Nº 27
Reunidos en A Coruña o día 7 de xuño de 2002 as persos citadas á marxe (Ernesto Pérez, Francisco Conde, José Luis Pena, Santiago Domínguez e Héctor López), procédese a celebrar Xunta Directiva da Asociación Galega de Axedrecistas co seguinte orde do día:
1- Lectura da Acta anterior, que resulta aprobada.
2- Acórdase convocar a Asamblea Xeral para o último venres de agosto, 29 de agosto de 2002. A data podería cambiar se ocurrira algún imprevisto. Nesa asamblea fixaranse as cuotas da vindeira temporada basándose nas contas presentadas na asamblea do 14 de abril (acta 26).
3- No tema deportivo valórase como positivo o resultado do Dominicos "A" na promoción de permanencia. Déixase para máis adiante a valoración respecto ó C.I.D.U. En canto os problemas surxidos nos últimos tempos nos equipos Dominicos e Santo Domingo agárdase que sexan solucionados ca asignación dunha sala exclusiva para o xadrez. Seguen en marcha os grupos de actividade Dominicos-santo domingo e cidu-palaestra, os dous na fase de recollida de opinións.
4- Trázase o seguinte calendario de actividades para o verán:
·21/6/2002 - Torneo de Rápidas da Universidade da Coruña.
·28/6/2002 - Sorteo da Copa AGAX.
·8, 10 e 12/7/2002 - Torneo de Semirrápidas do Grupo AGAX.
·17 ó 25/7/2002 - Fomento da presenza de socios de AGAX no Torneo Internacional de Ferrol.
·3/8/2002 - Torneo de Santo Domingo.
·4 ó 12/8/2002 - Fomento da presenza de socios de AGAX no Torneo Internacional de Vilagarcía.
·15 ó 30/7/2002 - Xornadas Lúdicas de Verán 2002. Dentro desas xornadas terá lugar a celebración do Torneo de Verán e tamén a do Torneo Santa Margarita.
5- Acórdase que na Aamblea Xeral establecerase o calendario para o mes de setembro. Estudiarase como fomentar tamén a presenza de socios en concentracións de perfeccionamento.
6- No turno de rogos e preguntas Santiago Domínguez solicita o estudio da posibilidade de crear becas e axudas ós socios para acudir os campeonatos galegos e nacionais. José Luis Pena propón a creación dun fondo para financiar a presenza dos socios no circuito galego. Ambas propostas quedan en fase de análise.
Sen máis temas que tratar, péchase a Xunta.