ACTA Nº 28

Reunidos en A Coruña o día 30 de agosto de 2002 as persos citadas á marxe (Ernesto Pérez, Francisco Conde, Javier Mazaira, Santiago Domínguez, José Manuel Andión, Manuel Andión, Juan Bouzas, Justo Alonso, Héctor López e Luis Carlos Martínez), reúnese a Asamblea Xeral de AGAX, tratándose os seguintes puntos:

 

1- Lectura da Acta anterior, que resulta aprobada.

 

2- Presentación do proxecto 2002-2003 por parte da Xunta Directiva. Trátanse os diferentes puntos do proxecto por separado.

2.1- Área Administrativa i Económica: recoñécese a débeda da entidade; trátase o tema do baixo e prácticamente irrelevante que é o percibido por cuotas sociais; infórmase dos dereitos dos socios na temporada 2002-2003.

As cuotas do ano serán:

         ·Socio Colaborador: 27 euros.

        ·Socio Colaborador e Número do Grupo: 16 euros.

    ·Socio Xuvenil: 16 euros.

    ·Socio Xuvenil – Grupo: 9 euros.

A Xunta Directiva cambia tras causar baixa os vocais.

Trátase o tema de nomear a un xogador que poida presentarse polo estamento dos xogadores nas eleccións da FEGA.

2.2- Área de Competición: varíase o calendario presentado pola Xunta suprimindo o Torneo de Semirrápidas do Grupo AGAX.

2.3. Área de Ensino: exponse e infórmase.

2.4. O Grupo: divídese nas áreas Dominicos (Dominicos e Santo Domingo), Palaestra (Palaestra e CIDU) e Universidade.

2.5. Outras Actividades: infórmase da súa situación.

2.6. Relacións Públicas: acórdase reforzar a web deixando o ALBI EQUI como memoria anual ante o forte gasto que supón.

 

3- Estúdiase o calendario de actividades do Brigantium.

 

Sen máis temas que tratar levántase a Asamblea.