ACTA Nº 30

 

Reunidos en A Coruña o día 31 de nadal de 2002, as persoas citadas á marxe (Ernesto Pérez, Javier Mazaira, Francisco Conde,  Santiago Domínguez e Héctor López), reúnese a Asemblea Xeral de AGAX, tratándose os seguintes puntos:

 

1- Lectura da Acta anterior, que resulta aprobada.

 

2- Infórmase da aparición do ALBI EQUI número 14.

 

3- Exponse que o calendario previsto de torneos estase a cumprir salvo a Copa Agax, na que fixan as partidas e da que se estudiarán reformas. O torneo de Nadal adiantouse ó día 23. Convócase o Aninovo para a madrugada  do día 1 ás 01:00.

 

4- As contas da asociación, a falta de peche definitivo, presentan unha situación que a Asemblea califica de boa.

 

5- Calendario inmediato de torneos: infórmase da celebración do torneo xuvenil do grupo. No mes de febreiro disputarase o torneo de rápidas do grupo. O día 10 de xaneiro xogarase o torneo de damas. Marcase o día 10 ás 22:00 ou 11 ás 12:00 para xogar os cuartos de final da Copa.

O día 17 clausuranse os torneos das Xornadas Lúdicas de Nadal.

 

6- Márcase a Asemblea do mes de abril para o estudio dos cambios nos estatutos, co obxetivo dde adaptalos a nova lei de asociacións.

 

7- O día 15 de xaneiro Santiago Domínguez perderá a súa condición de secretario xuvenil por alcanzar a maioría de idade.

 

8- Proxecto Ludo: infórmase da constitución do Club Ludo Sociedad Deportiva por socios de esta entidade e outras persoas. O seu obxetivo é preparar futuras estructuras profesionais para as actividades, o que agora suón pagar parte das actividades de difusión a esta entidade en vez de realizalas directamente.

 

9- Nas eleccións a FEGA do 29 de nadal un ex-directivo propuso crear un ente de promoción deportiva. Cando sexan os estatutos presentados apoiarase a iniciativa ata acadar as 6000 firmas necesarias.

 

10- A nova dirección en internet é www.agax.org, cun custo inferior os 60 euros.

 

11- A cesta navideña é incorporada os suministros do local.

 

12- Facúltase ó secretario para solicitar a subvención á Deputación. Serán para internet e para a edición do Albi Equi.

 

Non habendo rogos nin preguntas levántase a Asemblea.