ACTA Nº 31

 

Reunidos en A Coruña o día 27 de abril de 2003, as persoas citadas á marxe (Ernesto Pérez, Francisco Conde, Javier Mazaira, Santiago Domínguez, Alfonso Iglesias e Héctor López), reúnese a Asemblea Xeral de AGAX, tratándose os seguintes puntos:

 

1- Lectura da Acta anterior, que resulta aprobada.

 

2- Coméntase o proceso de elaboración do Albi Equi memoria do 2002 e o seguinte número, de contido técnico, que podería cambiarse por temas lúdicos.

 

3- A Xunta de febreiro non tivo lugar por incompaibilidades do calendario

 

4- As contas do ano 2002 están a piques de ser pechadas, e as previsións son boas; o resultado positivo estímase en 500 euros en números redondos, e o volumen anual superará os 6000 euros. O beneficio final destinarase a reducir a deuda da asociación.

Para o ano 2003 valórase o volumen anual da operacións ordianarias da asociación en 7000 euros. Espérase unha doazón de uns 8000 euros destinados a afrontar os gastos do novo local social na sua totalidade.

 

5- Vaórase sucintamente a temporada deportiva con diversidade de opinións.

 

6- Exponse a intención de crear ou dividir os clubes en dous, según o plantexamento do equipo: a) equipos para xogadores de colexios nos que AGAX imparte clases; b) equipos de xogadores de nivel consolidado

 

7- Proponse crear un fondo común con aportacións de 300 euros de cada clube do grupo AGAX para realizar actividades de mellora do nivel axedrecístico aproveitando a subvención extraordinaria otorgada pola FEGA ós clubes.

 

8- Calendario de torneos: Día da Ciencia Liga de Primavera (pendente de confirmación), Torneo Santo Domingo, Torneo Santa Margarita, Copa AGAX (2001-2002 e 2002-2003)

 

Non habendo rogos nin preguntas levántase a Asemblea.