ACTA Nº 32

 

Reunidos en A Coruña o día 16 de xuño de 2003 as persoas citadas á marxe (Ernesto Pérez, Francisco Conde,  Santiago Domínguez), procédese a celebrar Xunta Directiva da Asociación Galega de Axedrecistas co seguinte orde do día:

 

1- Lectura da Acta anterior, que resulta aprobada.

 

2- A Deputación de A Coruña concedeu unha subvención similar a do ano anterior para elaborar o ALBI EQUI e manter a páxina web.

Renóvase a decisión de que o secretario sexa o representante ante a Deputación para solicitar as subvenciñons do ano seguinte.

 

3- Calendario de torneos:

    · Liga de Primavera: está prevista para o 21 e 28 de xuño e 5 de xullo. Torneo por equipos de tres xogadores, a 1 hora por xogador. Suizo por protos, sendo considerado cada equipo como un xogador, contando a victoria como 1 punto.

    · Copa AGAX 2002: convócase a semifinal para os días 20 e 27 de xuño e 4 de xullo.

    · Torneo Santo Domingo: 12 e 13 de xullo a partir das 17:00. Suizo a seis roldas, con 25 minutos por xogador.

    · Torneo Santa Margarita: partidas rápidas. 3 de agosto ás 11:00

    · Torneo de Verano: 9 e 10 de agosto a partir das 17:00. Suizo a seis roldas, con 25 minutos por xogador.

    · Copa AGAX 2003: cambia o sistema. Xogarase igual con sistema copa, pero con datas do 26 ó 30 de agosto (a eliminatoria por día). Se fosen necesarias máis eliminatorias serán os días 22 e 23.

 

4- Convócase para o día 23 de agosto a Asamblea Xeral Extraordinaria.

 

5- Se todo vai ben todos os primeiros sábados de mes haberá actividades na Casa das Ciencias.

 

Sen máis temas que tratar péchase a xunta.