ACTA Nº 33

 

Reunidos en A Coruña as persoas citadas á marxe (Ernesto Pérez, Francisco Conde,  Santiago Domínguez e Héctor López), reúnese a Asemblea Xeral Extraordinaria de AGAX, tratándose os seguintes puntos:

 

1- Lectura da acta anterior, que resulta aprobada.

 

2- Prodúcese a presentación oficial do ALBI EQUI 15, memoria das actividades do 2002.

 

3- Trátase o tema das contas da asociación. Asumindo como gasto 72 € pendentes de entregar correspondentes a Liga de Outono 2002 o resultado final é o seguinte para o ano 2002: Ingresos = 7659.91 €, Gastos = 6872.02 €, polo que o saldo final foi positivo de 787.89 €. O presidente fai a doazón necesria para que a débeda histórica da asociación quede reducida a 1200 € tras aplicar o saldo positivo a rebaixar a débeda.

As cuotas para o seguinte ano 2003-2004 quedan da seguinte forma:

    Colaborador: 30 € o ano.

    Colaborador e Número do Grupo: 20 € o ano.

    Xuvenil: 20 € o ano.

    Xuvenil do Grupo: 20 € o ano.

O volumen previsto de ingresos no ano 2003 é de 8000 €.

 

4- Apróbase o calendario de torneos para 2003-2004, similar ó do ano anterior. O tema da Copa AGAX replanterase na Xunta Directiva.

 

5- Exponse que LUDO irá progresivamente canalizando as actividades de ensino.

 

Sen máis temas que tratar péchase esta Asemblea, celebrada o 31 de agosto do ano 2003.