ACTA Nº 34

 

Reunidos en A Coruña o día 17 de outubro de 2003 as persoas citadas á marxe (Ernesto Pérez, Francisco Conde e  Santiago Domínguez), procédese a celebrar Xunta Directiva da Asociación Galega de Axedrecistas co seguinte orde do día:

 

1- Lectura da Acta anterior, que resulta aprobada.

 

2- Exponse que o Concello de A Coruña rexeitou a proposta que se lle presentou de subvención sen causa xustificada, tendo en conta que a mesma proposta foi aceptada en anos anteriores.

 

3- Márcase o calendario da actividade Xadrez e Ciencia, na que se colabora cos Museos Científicos de A Coruña.

 

4- A Directiva confirma o seguinte calendario de torneos:

- Semirrápidas de AGAX.

- Torneo de Outono.

- Liga de Outono (por confirmar).

- Xuvenil do Grupo AGAX.

Dentro das Xornadas Lúdicas de Nadal 2003 estarán: Maratón, Aninovo e Liga de Rápidas.

 

5- Convócase a Asamblea Xeral para o 31/12/2003.

 

6- Neste mes debe renovarse o dominio www.agax.org e ante o bo resultado obtido a asociación manterá o "pack básico de Lycos".

 

7- No tocante ó ensino mantense a colaboración cos mesmos centros do ano anterior. Neste curso a Universidade da Coruña voltará a ter clases de xadrez.

 

8- Estúdiase a proposta de desenvolvemento no colexio Dominicos dun proxecto de ensino de xadrez nos cursos dende 3º ata 6º de primaria.

 

9- Cesa como presidente xuvenil José Luis Pena Paz, que momentáneamente pasa a ser membro da xunta directiva como vocal.

 

Sen máis temas que tratar péchase a Xunta.