ACTA Nº 35

 

Reunidos en A Coruña o día 31 de Nadal de 2003 as persoas citadas á marxe (Ernesto Pérez, Francisco Conde, Santiago Domínguez, José Luis Pena e Héctor López), celébrase a Asemblea Xeral de AGAX, tratándose os seguintes puntos:

 

1- Lectura da Acta anterior, que resulta aprobada.

 

2- Infórmase do estado actual do proceso de elaboración do Albi Equi:

   · Nº 16. atópase na imprenta; agárdase a súa presentación o día 9 de xaneiro na clausura das Xornadas Lúdicas do Nadal 2003.

   · Nº 17: recollerá a memoria de actividades que vai de xaneiro a xullo de 2003.

   · Nº 18: recolle partidas dos anos 1995 e 1996.

A partir do número 17 as memorias en vez de ser anuais pasarán a recoller as actividades dos períodos da tempada deportiva.

 

3- O calendario de torneos establecidos estase a cumplir dacordo ó previsto.

 

4- Infórmase da detección dun erro nas contas do ano 2002. O resultado previo á devolución de debeda foi finalmente de 643,89 euros, polo que ó final a débeda histórica da entidade queda en 1356,11 euros. Confírmouse o pago do arbitraxe da Liga de Outono en Santiago 2002 que fora contabilizado pero non materializado.

A Directiva agarda unhas contas similares ás do ano anterior nos aspectos de ingresos e gastos.

 

5- A Xunta Directiva queda composta do seguinte xeito:

Presidente: Ernesto Pérez Ramil.

Vicepresidente: Javier Mazaira Alba.

Secretario Xeral e Tesorero: Francisco Conde Domínguez.

Vicesecretario: Santiago Domínguez Fernández.

Vocal: José Luis Pena Paz.

 

6- Encárgase a José Luis Pena Paz o estudio dun posible torneo para que socios de AGAX acaden Elo internacional. A idea é facer un pechado, no que participarían xogadores con Elo internacional e os xogadores de AGAX con mellores posibilidades.

 

7- Facúltase o secretario para solicitar a subvención, se procede, á Deputación. Sería para Internet e para a edición do Albi Equi.

 

8- A Xunta Directiva propón, e a Asamblea, en virtude do artigo 6 dos estatutos que a faculta para facelo, aproba por unanimidade os seguintes nomeamentos como socios de honor:

José Manuel Blanco Aldariz, Jefe de Relaciones Externas de El Corte Inglés.

Arturo Cornella Grau, presidente da Asociación para la ayuda a la Juventud Brigantium.

Ambos reciben este nomeamento como consecuencia da colaboración que nos últimos anos prestaron e están a prestar a AGAX, o que permitiu a realización de múltiples actividades, as cales sen o seu apoio non poderían terse realizado.

 

9- Convócase o Torneo Aninovo 2004 para a 01:30 do 1/1/2004.

 

No turno de rogos e preguntas Santiago Domínguez pregunta se podewrían facerse camisetas co logotipo da entidade. Francisco Conde pregunta se poden eliminarse papeis que acompañan ó libro de actas e de contas dende fai anos e que xa non son útis. A primeira prgunta queda pendente de estudio. A segunda proposta e materializada.

 

Sen máis temas que tratar levántase a Asemblea.