ACTA Nº 38

 

Reunidas en A Coruña o día 15 de agosto de 2004 as persoas citadas á marxe (Ernesto Pérez, Francisco Conde, Santiago Domínguez, José Manuel Andión e Héctor López), procédese a celebrar a Asemblea Xeral Extrsordinaria de AGAX, tratándose os seguintes puntos:

 

1- Lectura da Acta anterior. Resulta aprobada con catro votos a favor e a abstención do Presidente.

2- Albi Equi: están pendentes de realizar os números 17 e 18, aínda que falta pouco para rematalos. Para o número 17 Santiago Domínguez ofrécese a comentar partidas do ano 2003. O número 18, será un resumen da etapa 1995-2000, está prácticamente rematado.

Para o número 19 suxírese que sexa memoria ata finais de agosto e despois facer un número de memoria ó ano, qe abarque toda a temporada. Apróbase por unanimidade.

3- Tras quince anos a asociación eliminou case toda a súa débeda, o que é considerado moi positivo pola Asemblea.

4- As cuotas sociais para a tempada 2004-2005:

   Socio colaborador: 30 €.

   Socio colaborador de número: 20 €.

   Socio colaborador do grupo: 20 €.

   Socio xuvenil: 20 €.

   Socio xuvenil do grupo: 10 €.

5- Cumpliuse o calendario de torneos previsto, a falta dos torneos Santa Margarita e Verano.

O calendario previsto para setembro e outono é:

    · Rápidas de AGAX - Semirrápidas de AGAX: mes de setembro.

    · Virxe do Rosario - Fischerrandom - Sociais: mes de outono.

6- Estudianse as propostas de material de promoción. A que ten mías perspectivas de  poder sair adiante é a de encargar 100 camisetas. Sométese a votación o diseño, sendo aprobada a camiseta gris con raia e que leve a palabra AGAX. De poder optar por dous colores o escollido sería o azul.

Fálase de encargar tam´ñen bolígrafos.

 

Non habendo rogos nin preguntas levántase a Asemblea.