ACTA Nº 39
Reunidas en A Coruña o día 3 de xaneiro de 2005 as persoas citadas á marxe (Ernesto Pérez, Francisco Conde, Santiago Domínguez e José Luis Pena), procédese a celebrar Xunta Directiva de AGAX, tratándose os seguintes puntos:
1- Lectura da Acta anterior, que resulta aprobada por unanimidade.
2- ALBI EQUI:
O número 17 e o número 18 están na imprenta. O 17 presentarase no maratón. O 18 a principios de febreiro.
O 19 será unha memoria ata agosto do 2004.
O 20 será unha memoria 2004-2005.
3- Encagáronse bolígrafos en vez das camisetas, porque non había. Foi un gasto aproximado de 300 €, sendo a metade correspondente a 2004 e a outra o 2005.
4 Espérase ter unhas contas saneadas o final do exercicio 2004.
5- Apróbase a compra dunha lona-taboleiro para as pezas do xadrez xigante.
Estudiarase a compra dun xadrez semi-xigante para as clase de iniciación.
Descártase a compra de taboleiros DGT.
6-A Xunta Directiva manten a actual configuración. Nun futuro próximo proporanse cambios.
7- En breve será a final do Torneo Santa Margarita por e-mail.
8- O Torneo de Nadal pechou as actividades de 2004, e o Aninovo abriu novamente as do 2005.
Sen máis temas que tratar, péchase a Xunta.