ACTA Nº 44
Reunidas en A Coruña as persoas citadas á marxe (Ernesto Pérez, Francisco Conde, Santiago Domínguez, Manuel Andión, José Manuel Andión e Héctor López) o día 3 de setembro de 2006, procédese a celebrar Asemblea Xeral AGAX, tratándose os seguintes puntos:
1- Lectura da Acta anterior, que resulta aprobada.
2- Infórmase das contas do ano 2005 por parte do tesoureiro, que tiveron un saldo positivo de 1606,21 €. As reservas totais da asociación suman agora 2145.78 €. A previsión de actividade para todo o ano 2006 estímase en 7500 €.
3- Acórdase que os directivos fixen próximamente unha data para ultimar o proxecto dos novos estatutos.
4- Nómbrase a Francisco Conde como representante ante a Deputación e o Concello de A Coruña. Valórase positivamente o éxito do recurso que fixo que se recibise a subvención para o Albi Equi do ano 2004. Para o ano 2005 foi xa confirmada nun importe de 599,44 €.
5- O Albi Equi 19 será o resumo 2004-2005 e o número 20 o resumo 2005-2006.
6- Apróbanse as cuotas 2006-2007:
-Socios Número e Colaborador do Grupo: 20€.
-Socio Colaborador: 30€.
-Socio Xuvenil: 30€.
-Socio Xuvenil do Grupo: 5€ (máis un libro de regalo para o socio)
7- Próximos torneos:
-Torneo de Rápidas de AGAX: 30/9/2006.
-Match Coruña-Porto: 7/10/2006. Primeira edición deste encontro, que alternará cidades cada edición.
-Torneo de Outono: 7/10/2006. Paralelo o anterior. 20minutos finish.
-Virxe do Rosario: 8/10/2006. 10 minutos finish
Estos dous últimos torneos terán premios en porcentaxe da racadación (40% o 1º, 30& o 2º e 20% o 3º)
-Liga de Outono: confirmada a edición coruñesa desta proba.
-Confirmado tamén "O Taboleiro Máxico".
Sen máis temas que tratar péchase a Asemblea.