XOGANDO CO XADREZ.

PROGRAMA ESPECIAL

"Xogando co Xadrez" é unha actividade que naceu no 2007 (ver folleto), se ben ten un precendente nunha actividade puntual celebrada dous anos antes no Colexio Dominicos. Daquela dende AGAX organizouse un torneo masivo para todos os alumnos entre segundo e sexto.

Era unha forma de achegar o xadrez a todo o alumnado e non so aos asistentes ás actividades extraescolares do noso deporte.

Nos anos seguintes este programa levou o xadrez a estudantes de diferentes colexios (ver memoria 2009), para dar a coñecer o xogo-ciencia en horario escolar.

A idea básica por tanto é que todos os estudantes de primaria coñezan o xadrez nos seus centros de ensino, aínda que logo non participen en clases específicas ou torneos.

No curso 2012-2013 grazas a un convenio co Concello da Coruña Xogando co Xadrez achégase aos colexios públicos da cidade e ábrese tamén, na parte dos torneos lúdicos, a colexios concertados e privados e mesmo a centros de concellos cercanos.